Saturday 04 de May de 2024

O sábado celébrase o XXXIII Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 200 deportistas


O vindeiro sábado 6 de maio celébrase o XXXIII Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00 h.

Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación terá a súa saída (ás 16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará situada no parque da Lagoa de Mera.

Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 18:00 horas –aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.